A Fundación “Corrubedo XI Séculos” doa á biblioteca de Ribeira o libro do naufraxio do Debonair en 1959

06 Agosto 2020

A Biblioteca Municipal de Ribeira vén de recibir un libro realizado por dous integrantes da Asociación Corrubedo XI Séculos, Fernando Vilariño e Francisco Sánchez Fraga, que rescata o naufraxio no outono de 1959 do iate
inglés Debonair, así como a heroica actitude dos veciños do pobo ao amparar aos náufragos (un matrimonio e un fillo pequeno), motivo polo que foi distinguido coa única medalla de prata a título colectivo concedida pola Sociedade Española de Salvamento de Náufragos.
Titulado “El naufragio del Debonair” e con 170 páxinas, comprende unha ampla recompilación de documentos antigos, textos, telegramas, fotografías e recortes de prensa, amén de crónicas actuais sobre os feitos, cos que se rememora este mediático suceso que recibira a atención de periódicos de toda a xeografía española.
Os autores quixeron destacar a colaboración da veciñanza de Corrubedo así como a cesión de fotografías por parte da viúva de Luis de la Peña (avogado santiagués que xogou un papel importante na concesión da citada medalla) e de Kathryn Mary St Clair Davis, filla e irmá dos náufragos, que reside en Cape Cod (Estados Unidos).

A Fundación “Corrubedo XI Séculos” doa á biblioteca de Ribeira o libro do naufraxio do Debonair en 1959

Visita da neta
De feito, a publicación rememora tamén un evento recente: a visita no
inverno do ano pasado de Hanna Slater, filla de Kathryn, neta e sobriña dos náufragos, á quen se lle dispensou un emotivo acto de reencontro por iniciativa de Corrubedo XI Séculos na igrexa parroquial onde se garda a medalla (no manto da Virxe do Carme).
Todo isto está reflectido nun libro do que se imprimiron dous exemplares grazas aos servizos de encadernación da Biblioteca Municipal. A concelleira de Educación de Ribeira, Juana Brión, acompañada do arquiveiro municipal José Antonio Otero e do bibliotecario Xoán Fernández, foi a encargada de recibir os mesmos.
Xa poden ser consultados por calquera usuario da biblioteca interesado en coñecer a historia de Corrubedo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Bórtolo”. Xulio Xiz

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.