A curta As peixeiras estrearase este sábado no Elma

31 Agosto 2020

A estrea da nova curtametraxe da produtora Vou Films, vai celebrarse este sábado 5 de setembro no cine Elma, na Pobra do Caramiñal a partir das 20.30 horas. Baixo o título As peixeiras aborda as vidas e os traballos deste colectivo profesional na época da posguerra e continúa a saga de óptica feminina iniciada con As lavandeiras e seguida por As costureiras. Ao acto de presentación asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, o director e guionista do filme, Lois Basallo, e a responsábel de produción, Adrianna Rego.

Na súa intervención, Basallo indicou que este é o terceiro proxecto de seis que teñen previsto desenvolver e que se gravou ao 90% na localidade da Pobra, afondando “nun tema moi noso, tan galego, que está vencellado ás mulleres que dentro da propia familia axudaban aos mariñeiros”. Así mesmo, anunciou que o próximo filme será As leiteiras.

Debido á situación que estamos vivindo, será preciso reservar entrada, tal e como explicou Adrianna Rego, a través do teléfono de contacto 981 831 545, de luns a venres, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Con motivo da limitación da cabida no Elma, o Concello non desbota a organización dunha segunda sesión para outra data por determinar. A proxección contará coa participación da maior parte do elenco de actrices e actores: Alba Bermúdez, Carlos Villarino e Uxía López. Se ben Brais Abad e Gloria Ferreiro non estarán presentes, mandarán unha mensaxe especial.

Na súa intervención, o rexedor agradeceu o traballo de Vou Films, reafirmándose en que contarán co apoio do Concello, pois insistiu na “calidade do produto” que ofrecen e en que “foron sempre un éxito rotundo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.