Galicia rexistra o seu peor dato desde abril, 310 positivos. A área Barbanza-Santiago rexistra 67. Unha vítima eleva a 640 o número de mortos en Galicia

30 Agosto 2020

A morte dun home de 74 anos no CHUAC da Coruña eleva a 640 as vitimas da COVID-19 en Galicia.

Na área sanitaria de Santiago- Barbanza rexistraronse nas últimas 24 horas 67 novos casos positivos o que eleva a 540 os casos activos na zona. Aumentan tamén os hospitalizados a 7, cinco no Clínico e 2 na Rosaleda. Hai 1.903 curados e realizaronse 51.087 PCS. Mentres segue o cribado de mestres nos hospitais do Complexo Hopitalario de Santiago e do Barbanza.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.484 deles 1.382 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 324 da de Ourense, 218 da de Pontevedra, 214 da área de Vigo, 540 da de Santiago, e 131 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 3.348 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.556 persoas curadas, rexistrándose 640 falecementos. O último foi o dun home de 74 anos que estaba ingresado no CHUAC. Tiña patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 331.803.

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Amicos despide 2025 coas pre-badaladas no Centro Integral de Boiro

A Asociación Amicos celebrou este mércores 31 de decembro as tradicionais prebadaladas de fin de ano no Centro Integral Amicos de Boiro, nunha xornada festiva na que participaron máis de 40 persoas beneficiarias da entidade. O encontro contou coa presenza da directora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.