En busca unha parella tras fuxir do hospital sen facer as probas da Covid

02 Agosto 2020

As forzas e corpos de seguridade de Ribeira e a súa contorna buscan a unha parella de nacionalidade belga que chegou á localidade, segundo parece procedente de Portugal e que fuxíu cando o persoal sanitario do Hospital do Barbanza ía realizar a proba PCR para detectar se estaban contaxiados polo coronavirus. Os feitos tiveron lugar cando os cidadáns acudiron ao centro de saúde ribeirense para ser atendidos das patoloxías que presentaban. Debido a que presentaban síntomas compatible coa da Covid-19, o persoal do ambulatorio de Santa Uxía considerou necesario que se lles fixers a proba para tratar de verificar as sospeitas sobre a súa posible infección polo coronavirus. Antes de que o hospital comarcal lles realizase a PCR, os dous mozos belgas decidiron marcharse sen dar máis explicacións. Os fuxidos están identificados pois entregaron a súa documentación no centro de saúde para poder ser atendidos. Distribuíronse fotografías de ambos entre os destacamentos policiais da zona para dar co seu paradoiro.

Os feitos foron postos en coñecemento da Policía Nacional por parte dos responsables sanitarios do Hospital do Barbanza. Algunhas fontes apuntaron que esa parella acudiu a Ribeira a practicar deporte náutico. Ao non realizarse a PCR descoñécese se realmente son casos activos de Covid-19, polo que ante a situación de pandemia e rebrotes que veñen detectando as autoridades consideran esencial a súa localización para poder realizarlles esa proba e determinar se están contaxiados ou non. De igual modo, descoñécese se tiveron contactos con outras persoas na zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.