Visto para sentenza o xuízo polo atraco da gasolineira de Oleiros. A fiscalia pide 16 anos de prisión

09 Xullo 2020

Quedou visto para sentenza o xuízo polo atraco perpetrado nunha gasolineira de Ribeira en xaneiro do 2019 e no que os asaltantes dispararon cunha escopeta ao empregado, feríndoo nunha perna. Mentres que os avogados dos dous imputados pediron a súa libre absolución o fiscal decidiu rebaixar a 16 anos a pena solicitada para D. G. S., veciño da Pobra de 29 anos, e P. F. M. de 31 anos residente en Ribeira.

Nun principio, pediuse para este último 21 anos de prisión, debido a que aos delitos de roubo, lesións e tenencia ilícita de arma longa, engadíase outro por estar en posesión dunha pistola sen ter permiso, o que sumaba 24 meses máis de cárcere. O Ministerio Público reduciu de nove a seis anos a petición que fixo para ambos polo delito de lesións.

O suceso aconteceu o ano pasado cando o empregado da gasolineira Agro do Forno, situada en Ribeira, resultou ferido de gravidade ao ser alcanzado por un disparo nun atraco. Segundo a investigación, dous homes encapuchados, que chegaron ao lugar en moto, dispararon cun arma de fogo ao home. Os atracadores entraron na tenda e fixéronse coa caixa e diferentes obxectos. 

Primeiro apropiáronse dunha moto nun garaxe e logo utilizárona para desprazarse ata a zona de Oleiros e atracar a gasolineira, na que dispararon cunha escopeta ao empregado de 22 anos, para logo roubarlle, levar a caixa rexistradora e deixalo alí tirado.

O xuizo tivo lugar na Audiencia Provincial onde compareceron polos feitos ocorridos o 17 e o 19 de xaneiro do 2019.

O traballador tivo que ser operado en catro ocasions e ten importantes secuelas permanecendo de baixa.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.