Verdegaia pide aos partidos que reduzan o seu lixo electoral

08 Xullo 2020

A organización ambiental Verdegaia vén de facer un chamamento dirixido ás agrupacións políticas que concorren nos comicios autonómicos deste domingo (12-X) para conminalas a reducir a súa pegada ecolóxica na campaña, tanto nestes comicios como nos que veñan no futuro. “Na actual crise climática, na que a xestión de residuos desempeña un importante papel, é preciso cuestionarse o xeito en que se organizan as campañas electorais, xa que xeran unha cantidade considerábel de residuos, que pensamos que podería reducirse adoptando algunhas medidas”, informa Verdegaia, poñendo o foco no material utilizado para a campaña pública nas rúas das nosas vilas e cidades e, tamén, nas comunicacións que chegan aos fogares e que xeran unha cantidade enorme de papel na publicidade electoral.

Verdegaia pide asemade que se respecte a decisión de máis de medio millón de persoas de toda España que escolleron a opción de non recibir a publicidade electoral nos seus domicilios (algo que se pode facer a través da páxina do censo electoral), xa que moitas destas non puideron evitar recibir, igualmente, moreas de papel, “pois a partir de que se estableceu esa normativa, foron varios os partidos que optaron por esquivala, enviando a publicidade sen o nome da persoa destinataria, dirixíndoa simplemente a Electores residentes no domicilio”.

Verdegaia lembra que as campañas electorais teñen “un impacto ambiental importante”, pois supoñen un gasto enorme de papel e a xeración dunha gran cantidade de lixo. Amais, engaden, ao impacto derivado do consumo de recursos, e da recollida e tratamento do lixo electoral, hai que engadir o uso de enerxía necesaria para xestionar ese lixo.

A organización galega propón o seguinte:

-Reducir o material de propaganda electoral.

-Non facer envíos masivos de propaganda, e moi especialmente, respectar a decisión daquelas persoas que optaron por non recibir propaganda electoral.

-Uso de material ecolóxico, reaproveitado e biodegradábel, que non conteña substancias tóxicas ou nocivas para a saúde e o medio ambiente.

-Prescindir do uso de plásticos, ou utilizar plásticos biodegradábeis.

-Uso de tintas con base de auga ou biodegradábeis.

-Xestión axeitada dos residuos: separación dos materiais empregados -como cartaces pegados (papel), cartaces colgados (lona, madeira e corda),…- para que poidan ser debidamente reciclados, ou, se fose posíbel, reutilizados.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...