“TRES MARINOS A LA MAR”. Por Antón Luaces

04 Xullo 2020

En “O Barbanza” cumprimos recentemente un ano e queremos contar con colaboradores que nos conten historias. O primeiro foi José Manuel Pena, cunha audiencia media dos seus artigos de mais de 500 lectores.

Desde esta semana contamos cun “ribeirense ” de adopción, fillo do carteiro “Antonio Luaces” ala polos anos 50- 60 e que naceu á profesión en Radio Riveira, a segunda emisora parroquial de Galicia.

Antón Luaces a principios da década dos 60 en Radio Riveira. Emisora parroquial.

Durante décadas dirixiu “Españoles en la Mar” de Radio Nacional de España, seguro que moitos mariñeiros que andiveron polo mundo recoñecerían a súa voz que desde os estudios de RNE A Coruña, Centro emisor del Noroeste, chegaba a todo o mundo a través da onda curta de Radio Exterior de España. Para nos é unha honra contar desde xa con este insigne xornalista que non podía empezar mellor que lembrando un xogo tradicional lle sirve para analizala actualidade.

Antón Luaces

“TRES MARINOS A LA MAR”.  Por Antón Luaces

Cando, aló polos anos 50,  a cativería de Ribeira xogaba a “Tres marinos a la mar” na explanada do daquela mercado de verduras  situado a un tiro de pedra da fábrica de conservas Cerqueira, non podiamos prever que nun prazo máis ou menos curto de tempo, ese mar que viamos e co que xogabamos estaría hoxe en perigo. E con el, todo canto lle da vida.

Porque  a COVID-19 e a súa pandemia que tanto nos ocupan e preocupan, están a afectar singularmente ás localidades costeiras en todo o mundo e, supoño, non serán unha excepción as da ría de Arousa que tanto nos permitiron soñar e aprender. Porque de xeito absolutamente xeralizado, ese grao de afección incide diretamente nos sistemas terrestres e mariños e, con estes, no emprego, os gobernos e, obviamente, ás economías.

As corentenas impostas na loita contra do coronavirus na práctica totalidade do mundo,  beneficiaron inicialmente ós océanos pola redución de determinadas actividades que presionan sobre as especies e causan contaminación, sobrepesca, modificacións de hábitats e mesmo a introducción de especies invasoras e os efectos do cambio climático no océano. Estes beneficios son circunstanciais e a curto prazo porque os medios de subsistencia e a seguridade alimentaria de ducias –cando non centos- de millóns de persoas que poden verse afectadas gravemente están latexando sen que saibamos por onde ou como sairemos desta.

A pesca ou o transporte marítimo xa rexistran importantes modificacións/diminucións. O mesmo ocorre co turismo e o desenvolvemento costeiro, así como coa extracción de petróleo e gas. De tal xeito hai preocupación a este respecto, que nunha enquisa informal publicada en The Economist, os participantes na mesma clasificaron como sectores máis afectados pola COVID-19 o turismo (70,7%), a pesca (10,4%), o petróleo e o gas en alta mar (7,2%), o transporte marítimo (6,2%), as enerxías renovables en alta mar (2,9%) e a acuicultura (3,6%).

Outros estudos realizados  establecen importantes reducións na demanda de camarón, polbo, cangrexo, pargo, cherna, luras e dourada. Precísamente, debido á menor demanda dos mercados de exportación e á posta en práctica de medidas sanitarias a bordo dos pesqueiros, moitos sectores pregúntanse se a redución da presión pesqueira á que da pulo a COVID-19 non está dando lugar á recuperación de poboacións esgotadas. No caso da pesca, a maior parte dos estudos suxiren que se necesitan ata 10 ou 15 anos de redución de actividade para que esas poboacións esgotadas se recuperen efectivamente, polo que a ausencia de reformas da gobernanza e que se manteña reducida a presión na xestión, esa recuperación non sería posible. Existe tamén o risco de que algún países aumenten o nivel dos subsidios á pesca destrutiva para contribuir deste xeito a unha efectiva recuperación do sector.

Tres marinos a la mar?. Queda na lembranza.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...