Todo o que quixemos saber sobre o oficio das lavandeiras, este venres en Boiro

15 Xullo 2020

O programa Verán Cultural 2020 do Concello de Boiro vai ter continuidade este venres 17, novamente reivindicando escenarios alternativos para acoller espectáculos e formatos reducidos e íntimos para asegurar a máxima seguridade. Trátase dunha nova cita de narración oral, desta volta no Lavadoiro de Revelar: As lavandeiras, con Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Comezará ás 21.00 horas no devandito lavadoiro, na Boliña.

Coa programación cultural para este verán o Concello de Boiro busca revitalizar espazos do municipio que ate o de agora non se estaban utilizando para facer actividades culturais e, deste xeito, descentralizar a programación. Todos os espectáculos organízanse seguindo as medidas de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades sanitarias para previr contaxios.

Segundo informa a Concellería de Cultura de Boiro, As lavandeiras é un espectáculo de narración oral que vai contar con música ao vivo, cantos e lendas, todos os elementos dispostos para mostrar a nosa tradición a través dun oficio tan importante como o que se levaba a cabo nos lavadoiros. O aforamento, engade o Concello, é limitado e as entradas poden reservarse a través do enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ou o mesmo día do espectáculo por orde de chegada.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.