Suicidios, un artigo de José Manuel Pena

03 Xullo 2020

Xa non teño forzas para seguir loitando. Creo que chegou o momento de terminar con esta angustia permanente. Son crente e a pesar de todo xa non podo máis, son demasiados anos de fracaso tras fracaso. Dimo unha muller nova, separada, cun fillo a cargo, en paro e sen prestacións. Agora sabe que en poucos meses pódese quedar na rúa por non poder afrontar o pago do aluguer.

Pensei en deixarme levar pola rabia e a impotencia. Acelerar o vehículo e encaixarme contra un muro. Desexo terminar con esta incerteza, este sen vivir e acabar co sufrimento. Estas reflexións son doutra persoa que perdeu varias propiedades e está a piques de quedar na rúa. Percibe uns 426 euros mensuais, grazas á “esmola” que lle conceden os representantes da cidadanía.

É unha muller de familia monoparental, ten ao coidado unha nena menor de idade. Tiña traballo cando solicitou un préstamo para poder comprarse un piso no que vivir coa súa filla. Agora as cousas deron un xiro de 180 graos. Hoxe está en situación de desemprego e cos 426 euros apenas pode pagar a vivenda, se quere comer. A entidade financeira xa lle ten preparada unha execución hipotecaria e o mundo se desmorona aos seus pés. Leva algún tempo pensando en quitarse de diante e que a nena quede ao coidado da súa avoa.

Poderiamos seguir reflectindo decenas de casos de familias e persoas que, nalgún momento da súa vida, pensaron no suicidio como consecuencia da falta de traballo, das dificultades económicas ou das débedas contraídas de boa fe. Por iso non nos estraña que a taxa de suicidios crecese en Galicia, nos últimos tempos. Agora queda tomar, por parte de quen corresponda, principalmente das autoridades sanitarias, adoptar as medidas oportunas para que as taxas de suicidios non sigan aumentando. A prevención pode ser o mellor antídoto.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.