Suben a 8 os activos en Santiago-Barbanza cun hospitalizado por COVID19

20 Xullo 2020

A área de Santiago – Barbanza rexistra 8 casos de activos de coronavirus, un máis que onte, cun ingreso en hospitalización convencional no Complexo Hospitalario de Santiago CHUS. O paciente non tivo que ser ingresado en críticos.

Este caso racha a tendencia da área sanitaria desde o 25 de xuño. O número de curados segue manténdose na comarca en 1.770, á vez que aumentan as PCR realizadas, que pasaron, nas últimas 24 horas, de 34.743 a 34.958 segundo informa o SERGAS.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 202, deles 27 son da área da Coruña, 136 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 8 de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 195 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.082 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 234.266.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...