Ribeira retoma as charlas “CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA” da USC para maiores de 50 anos

06 Xullo 2020

A Universidade de Santiago de Compostela retoma en Ribeira o seu ciclo de conferencias Camiños de Coñecemento e Experiencia que fora paralizado por mor do covid-19: unha iniciativa formativa destinada a persoas maiores de 50 anos que, nas súas novas datas, terá lugar do 22 ao 31 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 10.30 a 12 horas. É o cuarto ano consecutivo que este programa recala no municipio de Ribeira.
A matrícula é gratuíta e os prazos de inscrición xa están abertos. As
persoas interesadas poden realizala no 981 835 650 de luns a venres
de 9 a 13 horas ou enviando un correo electrónico co nome e apelidos, nº de DNI e teléfono de contacto a normalizacion@ribeira.gal.
Os relatorios versan sobre música, teatro, historia, criminoloxía… As máis variadas materias, e xa no mes de setembro, realizarase unha visita a Santiago para coñecer o patrimonio da USC.

PROGRAMA:
22/07/2020 10:30-12:00 h
A Universidade de Santiago na Historia de Galicia. Prof. Anxo Rodríguez Lemos. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)
23/07/2020 10:30-12:00 h
Seminario Estilos educativos parentais. Profª. Diana Priegue Caamaño Facultade de Ciencias da Educación (USC)
Profª. Cristina Varela Portela , Facultade de Ciencias da Educación (USC)
27/07/2020 10:30-12:00 h
Introdución á criminoloxía. A criminoloxía e a política criminal.
Profª. Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)
28/07/2020 10:30-12:00 h
Seminario Teatro. A construción do personaxe. Profª. Beatriz PorrúaRefojo. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo
(USC)
29/07/2020 10:30-12:00 h
Obradoiro de teatro.
Profª. Beatriz PorrúaRefojo. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo
(USC)
30/07/2020 10:30-12:00 h
Obradoiro práctico a análise dunha “huella dactilar”.
Profª. Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)
31/07/2020 10:30-12:00 h
Obradoiro práctico sobre estilos educativos parentais.
Profª. Diana Priegue Caamaño Facultade de Ciencias da Educación (USC)
Profª. Cristina Varela Portela , Facultade de Ciencias da Educación (USC)
Visita ao patrimonio da Universidade de Santiago no mes de setembro, pendente de confirmación.

Cursos anteriores

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión