Ribeira pavimentará un novo tramo da beirarrúas do polígono de Xarás

08 Xullo 2020

Proseguindo con actuacións anteriores destinadas a aumentar a seguridade viaria no polígono de industrial de Xarás, o Concello de Ribeira vai proceder a executar unha nova intervención consistente na pavimentación do vial
e beirarrúas dunha zona deste parque empresarial.
Así, o tramo onde se centra a actuación, emprazado na avenida Ramiro Carregal Rey, ten beirarrúas construídas en formigón en masa que se atopan bastante deterioradas, ao igual que a calzada.
Por tal motivo, os servizos técnicos elaboraron un proxecto técnico que inclúe a pavimentación das beirarrúas mencionadas cunha capa de formigón de 15 centímetros de espesor cun mallazo de 15×15 centímetros de 6 milímetros de diámetro, en tanto que a calzada será asfaltada con aglomerado en quente. Os traballos concluirán co pintado do vial.
A actuación comporta un investimento de 116.528 euros, dos cales o 80% (92.223 euros) proceden dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a habilitación e mellora de infraestruturas para parques empresariais que hoxe o departamento autonómico comunicou ao Concello. O prazo de execución son catro meses.

Avenida Ramiro Carregal. Polígono de Xarás. Ribeira

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.