Remeiros do Club Remo Puebla negativo en COVID-19 grazas a Congalsa

02 Xullo 2020

Esta semana os 21 remeiros que compoñen a plantilla absoluta masculina do Club Remo Puebla pasaron por unha clínica médica para someterse ao test serolóxigo da COVID-19.
Este trámite foi requerido a todos os clubs da Liga Galega de Traiñeiras como medida de seguridade sanitaria antes de empezar a competición, que no caso da LGT-B (onde se encontra o Club Remo Puebla) comeza o vindeiro domingo 19 de xullo en Chapela (Redondela).
Para poder facer fronte a este gasto inesperado, Congalsa, patrocinador habitual no club, fíxose cargo dos costes de supoñen realizar test serolóxicos, valorados en 30 €, a toda a plantilla de deportistas. O Centro Médico Manuel García Meijide foi a clínica escollida para levar a cabo este
servizo.
Afortunadamente todos os rapaces deron negativo en coronavirus, e xunto cos xustificantes médicos pertinentes están preparados para comezar a LGT-B 2020.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.