Preséntanse as bandeiras de traíñas (feminina e masculina) que se desenvolven este sábado no peirao de Cabo de Cruz

15 Xullo 2020

Este mércores 15 de xullo presentouse na antiga fábrica de Curbera, sede provisional do Club de Remo de Cabo de Cruz, a sexta edición da Bandeira de Traíñas Marina Cabo de Cruz – Concello de Boiro e a primeira edición da Bandeira Galega de Traíñas Feminina Rianxeira. Ao acto acudiron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, Daniel Vázquez, o presidente do Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, e a directora de relacións institucionais de JEALSA, Marga Hermo. Segundo fixeron saber, as dúas probas vanse realizar o vindeiro sábado 18 de xullo, no peirao de Cabo de Cruz.

A primeira das probas en disputarse vai ser a feminina, a partir das 17.30 horas, na que compiten 6 equipos en dúas quendas, na primeira quenda Cabo, Samertolameu e Perillo; na segunda quenda Chapela, Tiran e Rianxo.

Na segunda das probas, a VI Bandeira Marina Cabo de Cruz – Concello de Boiro, compiten 12 equipos en tres quendas. Na primeira delas Bueu, Esteirana e Rianxo; na segunda Muros Tirán e Vilaxoan; e na terceira quenda Mecos, Mera, Samertolameu e Cabo de Cruz.

O presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, Daniel Vázquez, explicou como se vai realizar a proba e mostrou o seu agradecemento ás entidades patrocinadoras.

Tamén interveu na cita deste mércores 15 a directora de relacións institucionais de JEALSA, Marga Hermo, quen mostrou o compromiso da empresa co club: “A colaboración nesta regata é moi significativa para nós porque o Club de Remo comparte valores coa empresa e, entre as liñas de traballo do grupo, está a aposta polo deporte feminino”.

O concelleiro de Deportes do Concello de Boiro, Marcos Fajardo, deulle todo o apoio ao Club de Remo de Cabo de Cruz na proba do sábado: “Estamos moi orgullosos do Club de Remo de Cabo de Cruz e dos seus éxitos, é unha prioridade da Concellería de Deportes apoiar a todas as entidades que traballan arreo pola promoción no deporte no municipio”. Fajardo animou a toda a cidadanía a “que este sábado se desprace a Cabo de Cruz para asistir a esta proba, respectando sempre as medidas de seguridade e hixiene para previr contaxios pola COVID-19”.

Outros artigos

O Concello de Boiro achega formación para previr as condutas suicidas

O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM), ofrece unha xornada de formación para asentar coñecementos básicos en torno á prevención e intervención en condutas suicidas. O curso terá lugar o venres 25 de outubro no Centro Social de Boiro. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión