Presentado en Boiro o curso sobre produción de festivais musicais que impulsa Paideia

08 Xullo 2020

A Fundación Paideia Galiza organiza no Centro Social de Boiro e na Pobra do Caramiñal un curso sobre industria musical para a produción de festivais musicais. Á presentación en Boiro da actividade, celebrada este mércores, asistiron a concelleira de Cultura, María Outeiral, o vicepresidente da Fundación Paideia, Guillermo Vergara e tamén a xerente da Asociación Deloa, Paca Gago, máis o técnico do eixo de xuventude da Fundación Paideia, Juan Soriano.

O curso, segundo fixeron saber, comeza o día 20 de xullo, en formato presencial, e rematará o vindeiro dia 3 de setembro. Trátase dunha proposta formativa de balde, co-financiada polo Fondo Social Europeo; o Ministerio de Industria e a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa. Está destinado a mocidade de entre os 16 e os 29 anos inscritos en garantía xuvenil.

Segundo explicaron as participantes na presentación, as persoas asistentes van ter a oportunidade de aprender como se realiza todo o proceso de xestión dun evento musical, desde a programación até a contratación, incluíndo labores de difusión e mercadotecnia. Ademais, o alumnado do curso vai recibir formación individual e adquirir competencias xenéricas á hora de saír ao mercado laboral (con vistas a favorecer o seu desenvolvemento e potenciar as súas competencias individuais).

O prazo de inscrición está aberto e para participar na actividade non se require ningún tipo de formación nin coñecementos previos. Hai un máximo de 25 prazas e as inscricións poden facerse a través da web www.deloa.es e pode consultarse calquera información sobre o curso no enderezo electrónico deloa@deloa.es, o teléfono 981 817 000 ou vía Whatsapp no 606 026 202.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.