Porto do Son despide xullo e recibe agosto con cinema, teatro para todos públicos e música

27 Xullo 2020

O verán en Porto do Son preséntase cargado de actividades, unha axenda descentralizada e diversa que se dirixe a facer compatíbeis as fórmulas máis atractivas para o público e os protocolos estritos de seguridade sanitaria. O programa vaise presentando cada semana: carteis con actividades para sete días cunha manchea de citas para subliñar na axenda. Co remate de xullo e co comezo de agosto, os ingredientes principais son o cinema, o teatro e a música.

Este 29 de xullo temos unha cita cos superheroes do cinema na praza de España de Porto do Son, coa proxección, ás 22.30 horas, de X-Men: Féxix Oscura.

O día 31 de xullo ás 12.30 do mediodía o teatro máis divertido toma a palabra da man de Inventi Teatro, que presentan no mesmo emprazamento, na praza de España, a obra para todos os públicos A tropa do doutor Milagre, un espectáculo onde se brinda ao público o privilexio de probar os “efectivos produtos do doutor Milagre”, remedios de todo tipo (para a alopecia, para a febleza, para a falta de apetito) que veñen con diversos formatos (escumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas) cun show de venta ambulante que non deixará a ninguén indiferente.

O primeiro de agosto a música será a protagonista na vila de Porto do Son, co concerto tributo The Cerne Revival, ás 22.30 horas na explanada portuaria. The Cerne Revival é unha banda de sete músicos especializada no importante legado do lendario grupo dos sesenta Creedance Clearwarter Revival, dos que adoitan tocar en directo boa parte dos seus grandes éxitos.

O 2 de agosto temos unha nova actuación musical na praza do Curro de Portosín. Será ao mediodía, antes do xantar, e virá da man de Ricardo Parada, un dos grandes autores-intérpretes do panorama musical galego, gran coñecedor do legado de grandes cantautores como Silvio Rodríguez, Violeta Parra, Javier Krahe, Joaquín Sabina ou Víctor Jara, entre outros grandes artistas aos que rende homenaxe nos seus concertos, combinándoo cunhas importantes doses de humor e proximidade co público.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.