Outros tempos. Por Xosé Manuel Pena

23 Xullo 2020

Os que nacemos na aldea ou no pobo, nos anos sesenta, non podemos esquecernos da realidade que vivimos. Realidade común á maioría dos veciños, pois apenas había desigualdades. Non tiñamos iluminación pública, o peor era na época invernal, pois para chegar a casa de noite tiñamos que andar polo centro da calzada senón queriamos darnos de bruzos con algún poste do tendido eléctrico ou do servizo telefónico.

Na maioría da casas non había televisión, con sorte, só a vella radio para poder escoitar música, algunha que outra radionovela ou decatarnos das noticias oficiais do réxime. O cuarto de baño era un artigo de luxo e ao alcance duns poucos. O retrete atopábase fóra das vivendas, o peor era utilizalo no inverno cos días de forte vento e intensas choivas. Para unha ducha ou un baño había que achegarse ao río de lavar a roupa ou ben dentro de casa nunha palangana.

A tenda da aldea, era como un gran bazar chinés, albergaba todo tipo de produtos, utensilios e artigos para o uso cotián. Alí podías comprar pan, carne, peixe, unha chave de parafusos, unha camiseta, uns folios, unha lanterna e mesmo recoller o correo. Era un lugar obrigado, case diariamente, para moitas persoas que tiñan familiares traballando no estranxeiro por se recibían algunha carta ou un xiro postal.

A maior parte dos veciños compaxinaban o traballo no campo coas faenas pesqueiras. Aínda que o diñeiro escaseaba, nunca había falta de comida porque case todo se cultivaba nas propias leiras e ademais existía o costume do trueque.

A veciñanza e a solidariedade era algo instaurado na natureza dos veciños. De día as casas coas portas abertas, sen portais nin muros daban a benvida a calquera que buscaba compañía, unha conversación ou unha colaboración para calquera traballo comunitario. Eran outros tempos.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...