Os maiores de Ribeira fórmanse en múltiples eidos do coñecemento da man da USC

22 Xullo 2020

Un total de 16 veciños e veciñas participan dende este mércores 22 de xullo no ciclo de experiencias Camiños de Coñecemento e Experiencia, unha iniciativa formativa impulsada pola Universidade de Santiago co obxectivo de achegar formación e dinamización a persoas maiores de 50 anos.

O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu na mañá deste mércores o acto de apertura coas intervencións de María do Mar Lorenzo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, e da concelleiro de Educación do Concello de Ribeira, Juana Brión.

Os relatorios que se van impartir de aquí ao último día do mes de xullo tocarán un amplo abano de temas, que van dende a música ao teatro, pasando pola a historia ou criminoloxía. A clase inaugural a deste 22 de xullo, foi un achegamento á Universidade de Santiago na historia de Galicia e estivo impartida polo profesor Anxo Rodríguez Lemos.

O calendario formativo

· 22/07/2020 10.30-12.00 h

A Universidade de Santiago na Historia de Galicia.

Prof. Anxo Rodríguez Lemos. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)

· 23/07/2020 10.30-12.00 h

Seminario Estilos educativos parentais.

Profª. Diana Priegue Caamaño Facultade de Ciencias da Educación (USC)

Profª. Cristina Varela Portela , Facultade de Ciencias da Educación (USC)

· 27/07/2020 10.30-12.00 h

Introdución á criminoloxía. A criminoloxía e a política criminal.

Profª. Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)

· 28/07/2020 10.30-12.00 h

Seminario Teatro. A construción do personaxe.

Profª. Beatriz PorrúaRefojo. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)

· 29/07/2020 10.30-12.00 h

Obradoiro de teatro.

Profª. Beatriz PorrúaRefojo. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)

· 30/07/2020 10.30-12.00 h

Obradoiro práctico a análise dunha pegada dactilar.

Profª. Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)

· 31/07/2020 10.30-12.00 h

Obradoiro práctico sobre estilos educativos parentais.

Profª. Diana Priegue Caamaño Facultade de Ciencias da Educación (USC)

Profª. Cristina Varela Portela , Facultade de Ciencias da Educación (USC)

Unha vez conclúan as leccións, haberá unha visita á capital compostelá para coñecer o patrimonio da USC que é previsíbel que se celebre en setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.