Os camiñantes subiron este domingo aos balcóns de Porto do Son: os montes Dordo e Enxa

27 Xullo 2020

O Concello de Porto do Son organizou este domingo 26 de xullo, ao abeiro do programa O Son Camiña, un roteiro co que enxergar a ría de Muros e Noia, boa parte da Serra do Barbanza e o espectacular litoral sonense de praias, cantís, promontorios e vilas mariñeiras. Estamos a falar da ruta de catorce quilómetros de percorrido até os montes Enxa e Dordo, con punto de partida na explanada portuaria de Porto do Son. Participaron máis de dúas ducias de persoas.

Segundo informa o Concello, os dous montes actúan como soporte desta ruta, sendo o cumio do Dordo o que presenta a menor altitude pero o que aporta as vistas máis privilexiadas da vila de Porto do Son, e o do monte Enxa, que nos brinda unha das mellores vistas da ría de Muros e Noia.
Ademais, o punto de contacto destes dous montes alberga un piñeiral no que destaca o cruceiro de capeliña adicado á Virxe do Leite así como unha necrópole megalítica composta por 3 mámoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.