O Mercado Municipal de Boiro estará aberto este mércores en horario de tarde

13 Xullo 2020

A entrada do Mercado Municipal de Boiro nunha imaxe de arquivo

O Mercado Municipal de Boiro achega esta semana unha novidade en materia de horario, debido á festividade local do xoves 16 de xullo. En concreto, a praza de abastos anunciou que terá as portas abertas o mércores en horario de tarde, con motivo das celebracións do día seguinte. Do mesmo xeito, o mercado permanecerá pechado o 25 de xullo, por festivo autonómico.

O Mercado Municipal de Boiro abre de luns a sábado en horario de 7.00 a 14.00 horas e está pechada polas tardes. O vindeiro mércores abrirá en horario habitual pola mañá e, pola tarde, estará aberta entre as 18.00 as 21.00 horas.

O xoves 16 de xullo, festividade do Carme, permanecerá pechada xa que é festivo local en Boiro, e o sábado 25 de xullo, festivo autonómico en Galicia, permanecerá tamén pechada.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.