“O mar, porta aberta do Barbanza”, por Antón Luaces

19 Xullo 2020

Cando aínda queda moito por dicir do mar a respecto do presente e o futuro das terras do Barbanza, compre botar unha ollada a iniciativas privadas e públicas que tentan mellorar as condicións económico-sociais que permiten avances na Galicia marítimo-pesqueira. Unha delas é o proxecto de cooperación TANZA: INCLUSIÓN SOCIAL, SECTOR PESQUEIRO, ECONOMÍA CIRCULAR, que se vai poñer en marcha nos vindeiros días e do que forman parte varios grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia. Son os nomeados Mariña-Ortegal, Ártabro-Norte, Ártabro.Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa. Esta última, integrada polos concellos barbanzáns da Pobra, Rianxo, Riveira e Boiro.

Segundo dixo en Santiago a conselleira do Mar Rosa Quintana, o proxecto de cooperación Tanza “é un claro exemplo de traballo destes grupos e do que se pode facer sumando sinerxias entre eles , e neste caso tamén con entidades vinculadas ó sector pesqueiro, como confrarías e empresas, e co ámbito da inclusión social, como centros compensatorios de centros especiais de emprego”.
TANZA ​tenta promover asimesmo, e a través desta cooperación entre distintos GALP,  unha maior empregabilidade de colectivos de inclusión social en actividades vinculadas á economía do mar. Entre os seus obxectivos figura tamén crear unha conciencia activa no sector pesqueiro en relación a problemáticas ambientais e da inclusión social e contribuir a un maior aproveitamento do programa de axudas  por parte das entidades de inclusión social.
Este proxecto inclúe diferentes xornadas de presentación coa finalidade de establecer unha rede de contactos e detectar necesidades e oportunidades  en relación á inclusión social. Posteriormente vánse analizar e valorar aquelas ideas que resolvan necesidades dos sectores do mar e xeren empregos para colectivos vulnerables e identificaranse os axentes interesados en levalas adiante.
Este proxecto é un dos tres aprobados na convocatoria de 2020 de axudas para proxectos de cooperación dos GALP no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Este dispuxo dun apoio de máis de 108.000 euros de oito grupos de dinamización socioeconómica do litoral de Galicia que desenvolveron entre os anos 2016 e 2019 perto de 400 proxectos que mobilizaron un investimento total de 60 millóns de euros.

O xornalista Antón Luaces

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.