O mar e á pesca primeiro dos Encontros Dixitais para Empresas organizado por Abanca

16 Xullo 2020

Este xoves celebrouse o primeiro evento de série ‘Encontros Dixitais Abanca Empresas’, que busca ofrecer aos empresarios de diferentes sectores información de valor sobre temas de actualidade relacionados coa súa actividade, desde unha perspectiva de elevada especialización e nun formato dixital compatible coas pautas de seguridade sanitaria.

O primeiro destes eventos estivo dedicado ao sector do mar e da pesca, e contou coa participación do conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, que destacou a importancia da súa cadea de valor na economía de Galicia. Na súa intervención de apertura, o conselleiro delegado de Abanca destacou tamén o carácter “pioneiro e exclusivo na banca española” de Abanca Mar, división especializada a través da cal a entidade presta servizo a máis de 10.000 clientes de toda a cadea de valor do mar e xestiona un negocio de 2.200 millóns de euros. Dous terzos deste volume, apuntou, corresponden a financiamento, “un eixo prioritario para Abanca”. “Nos seis primeiros meses do ano, o novo financiamento de Abanca Mar ao complexo marítimo-pesqueiro superou as 1.600 operacións”, subliñou Francisco Botas.

Baixo o título ‘O futuro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e os instrumentos de financiamento para 2020’, o evento celebrado este xoves analizou o sector marítimo-pesqueiro, a súa importancia económica e social, a súa evolución cara a un modelo máis sostible desde os puntos de vista económico, social e ambiental, e a futura orientación das axudas públicas comunitarias.

Conducido por Javier Fraga, director de Abanca Mar, o evento contou coas intervencións da directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesqueiros da Unión Europea, Elisa Roller, e do director xerente de Europêche (Asociación das Organizacións Nacionais de Empresas Pesqueiras da UE), Daniel Voces de Onaindi.

O mar e á pesca primeiro dos Encontros Dixitais para Empresas organizado por Abanca

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.