O Goberno pon 100.000 euros a disposición das entidades locais para impulsar a dinamizar a nosa lingua

27 Xullo 2020

O Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no seu portal os detalles da súa convocatoria de axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma destinadas á promoción e uso da lingua galega. Segundo indicou a secretaría xeral que dirixe Valentín García, as entidades beneficiarias destas subvencións serán, por unha banda, “entidades locais de Galicia” e, pola outra, “agrupamentos de concellos que xuntaran forzas para un proxecto común”. Quedan excluídas destas axudas as deputacións provincias.

O obxectivo específico, segundo se informa nas bases, é “convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante o mantemento ou reforzamento dos existentes para o ano 2020, en concellos ou en agrupamentos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes”.

O importe total da contía é de 100.000 euros.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 17 de agosto.

Respecto do terreo a cubrir polas axudas porase o foco nos servizos lingüísticos locais (departamentos das entidades que teñen as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente) e en apoiar o mantemento e o reforzamento destes servizos.

-Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións.

-Reforzamento dun servizo: incorporación de máis persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria.

Para máis información sobre esta convocatoria, están publicados todos os detalles no Portal da Lingua Galega Lingua.gal, impulsado e mantido pola devandita Secretaría Xeral.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.