O estacionamento municipal de A Boqueira da Negral abre definitivamente ao público

20 Xullo 2020

O Concello de Boiro abre ao público esta semana o estacionamento municipal de A Boqueira da Negral, que foi obxecto de traballos recentes para a súa mellora. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruíz, fixeron unha visita polas instalacións, este luns 20 de xullo, acompañados do xerente e directiva do para coñecer as tarefas de acondicionamento que se realizaron no inmóbel para proceder á súa apertura.

Segundo informaron, coa posta a disposición da cidadanía do estacionamento péchase un capítulo de infraestruturas municipais que foi alongado en exceso: malia terse construído como aparcamento municipal, nunca chegara a empregarse para este fin e tiña pendente a súa apertura definitiva ao público. De feito, o Concello fixo saber que “as instalacións estaban a usarse como pañol de obras e para gardar material de construción, xardinería e maquinaria de todo tipo”. O Goberno local tamén recordou que portavoz de ICBoiro, Manuel Velo Velo, foi un dos principais defensores da apertura ao publico deste emprazamento.

Amplo horario de luns a domingo

Dende este 21 de xullo o aparcamento está aberto ao público, de maneira gratuíta en horario de 10.00 a 22.00 horas, de luns a domingo. O obxectivo do Concello é dotar ao núcleo de Boiro de “máis espazo para estacionar e para fomentar o comercio local”. O alcalde engadiu que “con esta actuación vanse habilitar 60 prazas de aparcamento no centro de Boiro, ademais de cumprir cunha demanda histórica da veciñanza”.

O parking público foi, como dixemos, obxecto de reparacións recentes e tarefas de acondicionamento. “Retirouse todo o material de obra de exterior para ganar aquí espazo, facer limpeza e pintado de todo o inmóbeis e reparar deterioros puntuais” afirmou o concelleiro de Obras, Luís Ruíz.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.