O curso sobre industriais musicais da Pobra centra unha xuntanza este xoves na Casa da Mocidade

08 Xullo 2020

Este xoves 9 de xullo a Casa da Mocidade da Pobra acollerá unha xuntanza informativa para a xuventude local de idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos, co fin de darlles conta dos detalles do curso gratuíto sobre Nova Formación en Industrias Musicais, que ofrece a Fundación Paideia Galiza xunto coa asociación de desenvolvemento local Deloa. A xuntanza na Casa da Mocidade será ás 13.00 horas.

O curso sobre Industriais Musicais comezará este mes de xullo e desenvolverase até o 3 de setembro, en horario de 10:00 h a 14:00 h. Desenvolverase co formato de formación presencial. Para participar nel non se require formación relacionada nin coñecementos previos sobre a materia a tratar.

O Concello da Pobra informou de que as inscricións para participar na actividade formativa xa se poden facer na web de Paideia.

Na xuntanza informativa concretaranse as datas de cada un dos cinco bloques que constitúen o curso:

1.º Planificación e organización dun evento musical: 30 h

2.º Mercadotecnia e promoción: 20 h

3.º Desenvolvemento persoal: 16 h

4.º Competencias xerais para o emprego: 16 h

5.º Titorización: 10 h

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.