O Concello de Ribeira saca a contratación pública a xestión da Escola Infantil Municipal

31 Xullo 2020

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación a xestión da Escola Infantil Municipal para o curso 2020-2021, con posibilidade de prórroga por outros tres (2021-2022, 2022-2023 e 2023-2024). O Goberno local explica que o orzamento base de licitación ascende a 397.716,16 euros (IVE exento) e que o prezo do contrato ten unha parte fixa (que se percibirá directamente polo Concello, por un importe de 378.529,16 euros) e unha parte suxeita a variacións, “que se percibirá directamente das persoas usuarias do servizo en concepto de matrículas e material escolar”.

O Executivo ribeirense engadiu que oprocedemento de contratación é aberto e que os parámetros de adxudicación e ponderación inclúen tanto “criterios de valoración do proxecto presentado (proxecto educativo, xestión organizativa, melloras para a conciliación do persoal, melloras do proxecto educativo socio ambiental, plan de acción para pais/nais e titores) como criterios avaliábeis de forma automática (prezo ofertado, estar en posesión de determinados certificados de xestión de calidade e de xestión ambiental, implantación do Plan de Igualdade)”.

As entidades interesadas dispoñen ata o 31 de agosto á media noite para formular as súas propostas. Débeno facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Máis información na web de Contratos de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...