O Concello de Ribeira convoca axudas para as/os deportistas locais

21 Xullo 2020

O Concello de Ribeira acordou o 16 de xullo convocar novas axudas para deportistas individuais durante o exercicio 2020. Segundo se especifica nas bases publicadas xa na web do Sistema Nacional de Publicidade de Subvencións, trátase dunha convocatoria relativa ao exercicio 2020 da que poderán beneficiarse persoas que salientaran na súa faceta competitiva durante o ano anterior. As e os deportistas susceptíbeis de obter estas axudas deberán cumprir con estes requirimentos: ter condición de deportivas na práctica dalgún deporte olímpico, ter nacido no concello de Ribeira ou estar empadroada/o no termo municipal, ter licenza federativa en vigor no momento de realizar a solicitude de bolsa (expedida pola Federación Deportiva correspondente) e estar ao corrente das obrigas fiscais do Concello, así como das obrigas coa Axencia Tributaria e Seguridade Social.

O Concello de Ribeira dispón de 14.000 euros para destinar a esta convocatoria.

A contía artéllase do seguinte xeito:

· Bolsa a) Tokio 2021, destinada a deportistas de alto rendemento, integrantes dos equipos das seleccións nacionais absolutas, con opción de clasificarse para participar na Olimpíada Tokio 2020, destinaranse 6.000,00 euros, cunha contía máxima de cada bolsa de 3.000 euros.

· Bolsa b) Para outros deportistas que destacasen na súa faceta competitiva no ano 2019, destinaranse 8.000,00 euros, cunha contía máxima de cada bolsa de 1.000,00 euros.

As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Ribeira. O prazo para a presentación será de 15 días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.