O Concello de Boiro mellorou as instalacións do Centro Social de Abanqueiro

23 Xullo 2020

O Concello de Boiro vén de pór a punto o Centro Social de Abanqueiro co fin de poñer a disposición da veciñanza as mellores instalacións e equipamentos posíbeis. Os traballos foron impulsados polos departamentos de Cultura, Obras e Xuventude, que colaboraron durante o pasado mes de xuño para recuperar o centro, que viña carrexando unha serie de problemas construtivos que provocaba “un mal estado xeral do inmóbel”, sinalaron, engadindo que o investimento realizado centrouse en cousas como eliminar as entradas de auga do teitume, na erradicación de humidades e nos pintados, en traballos de fontanería e albanelaría e no mantemento xeral interior e exterior.

A maiores, realizouse unha organización xeral das actividades que se realizaban no interior, co fin de facilitar o uso das instalacións por parte da veciñanza. Por exemplo, acondicionouse unha sala do andar baixo para evitar que as participantes nos cursos de costura, moitas delas persoas de idade avanzada, tiveran que subir unhas escaleiras “cando había unha aula na propia planta baixa para a realización do cursos”.

Ademais da organización xeral realizouse unha catalogación e mellora na totalidade da biblioteca e aula de estudo: arranxáronse os andeis, colocáronse libros que estaban acumulados en caixas e creouse un espazo infantil.

O alcalde de Boiro agradeceu o labor de todas as persoas que participaron, quen “conseguiron recuperar un edificio con traballo, enerxía e ilusión sen custe; co que agora poñemos a disposición dos veciños un lugar para reunirse, formarse, estudar e ler”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.