O Concello da Pobra achega información (e cinceiros portátiles) para combater a presenza de cabichas nas praias

28 Xullo 2020

Tobacco cigarette butt on the beach sand.

Dun tempo a esta parte as praias son algo máis que area: tamén semellan ter, por desgraza, as cabichas dos cigarros entre os seus principais elementos constitutivos. O Concello da Pobra da Caramiñal vén de activar un campaña esta verán para loitar contra a práctica que teñen algúns fumadores de depositalas na praia, malia as moitas consecuencias negativas que ten este xesto, que é unha prolongación do xesto moi estendido de guindalas na rúa ou, peor aínda, nos sumidoiros (que é o camiño directo para chegar aos ríos e logo ao mar).

O Concello da Pobra, que este domingo pola tarde repartiu cinceiros portátiles nas praias da Ila, Lombiña e a Corna, ten o obxectivo de reducir a presenza dos filtros do tabaco nos areais por moitos e variados motivos, comezando polo máis evidente: contaminan a auga salgada e a auga doce. Ademais, depositalas onde mellor nos veña é un acto que vai directamente en contra de todas as medidas de seguridade sanitaria que a cidadanía e as administracións están a levar a cabo con gran esforzo.

No comunicado emitido para informar desta iniciativa, o Goberno local lembra outros efectos perniciosos das cabichas:

· Cada cabicha pode contaminar entre 8 e 10 litros de auga do mar e ata 50 litros se se trata de auga doce.

· Son un residuo altamente contaminante pola súa composición.

· Os raios ultravioletas do Sol poden fragmentar o filtro en pezas máis pequenas, pero o material de orixe non é biodegradábel.

· Reteñen numerosas substancias como cadmio, arsénico, nicotina, tolueno, e outros compoñentes como o metanol, ácido acético, amoníaco, ácido esteárico e alcatrán.

· Son un residuo persistente no tempo: o informe de 2017 da ONG Ocean Conservancy indica que as cabichas supoñen o 13% do número total de desperdicios recollidos na súa campaña mundial.

· Poden viaxar miles de quilómetros e contaminar diferentes ecosistemas, incluídos os océanos.

· Diversos estudos mostran que o seu efecto contaminante pode durar entre 7 e 12 anos, e incluso algúns estudos afirman que poden chegar ata os 25 anos.

· Son un residuo difícil de retirar nas praias tanto con limpeza mecanizada coma manual.

· Moitos animais confúndenas con comida, e morren ou enferman por atragoamento ou toxicidade.

· Dan moi má imaxe do lugar onde se atopan, pois a calquera persoa lle gustan as praias limpas.

· Ás nenas e nenos chámanlle-la atención e métenas na boca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.