Novo número de balde de Código Cero,o 203, da revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

22 Xullo 2020

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ás iniciativas empresariais para facer fronte á COVID-19, nas tecnoloxía que o CITIC achega a ASPACE Coruña para derrubar barreiras á inclusión tecnolóxica plena e aos proxectos postCOVID presentados na HACKatHOME. Tamén abordamos os seguintes temas:
– R impulsará actividades ao abeiro do Xacobeo 2021
– Política Lingüística impulsa a creación de novos proxectos culturais co fondo Xacobeo 21
– GAIN apoia a innovación e a formación STEAM co Campamento da Tecnópole
– Ribeira dá pasos en materia de Smart City coa posta en marcha das súas pantallas dixitais
– A RAGC entrega os Premios á Transferencia Tecnolóxica de Galicia
– CIBER.gal, cada vez máis preto, ofrecerá servizos a empresas, administracións e cidadáns
– Fixadas 20 recomendacións para elaborar a Estratexia Dixital de Galicia 2030
– O CESGA fai balance da súa actividade a prol dos grupos que loitan contra a COVID
– Henrique Neira móstranos 200 grandes fitos galegos da informática e as comunicacións IV
– O CPEIG pon o foco na necesidade de dixitalizar os procesos electorais
– A UDC, o Concello, a Xunta e o Clúster impulsan a Cidade das TIC
– O Campus de Ferrol e Videoxogos.gal impulsan o evento Meninas Jam

7700Portada da revista Código Cero o 203, que se pode descargar de balde

Outros artigos

Os Reis Magos encheron de ilusión o Pavillón da Fieteira en Ribeira

A maxia e a ilusión invadiron esta tarde o Pavillón da Fieiteira en Ribeira, que acolleu finalmente, debido ao mal tempo, todas as actividades festivas relacionadas coa recepción dos Reis Magos tras suspenderse a Cabalgata. Miles de persoas non quixeron perderse o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...