Dous novos casos activos rexistraronse na área sanitaria de Santiago-Barbanza. Dous rexistraronse nas últimas 24 horas ascendendo a 23 os da área. Curaronse 1.789 pacientes, tres máis que onte e realizaronse 37.046 PCRs, 311 mais que onte.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 260, deles 76 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 7 da de Ourense, 23 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 250 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.262 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 248.544.