Na Pobra rescatados pai e filla arrastrados polo mar

29 Xullo 2020

Un pai e unha filla que nadaban cunha táboa foron rescatados cando o mar arrastrábaos nun areal da Pobra entre Punta Cabío e a praia e A Illa. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as 19,00 horas do martes, cando un particular avisou aos servizos de emerxencias que un home e unha nena ían nunha táboa e que o vento os levaba cara ás bateas.

O 112 avisou a Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, informaron a Garda Civil e á Policía Local, así como aos socorristas, que comunicaron que un barco de pesca estaba a achegarse a eles. Finalmente, foron recollidos polo pesqueiro, sans e salvos, e levados ata a beira do areal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.