Na Pobra extinguido un incendio forestal que calcinou algo máis de 42 hectáreas

31 Xullo 2020

A Consellería do Medio Rural dá por extinguido un incendio forestal iniciado na madrugada deste venres no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal e que afectou a algo máis de 40 hectáreas. Segundo os datos de Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 1,10 horas da madrugada na parroquia de Lesón e quedou extinguido sobre as 6,42 horas. As medicións GPS apuntan a que a superficie afectada foi de 42,42 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron catro axentes, cinco brigadas e cinco motobombas.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.