Long Hope, asociación que agrupa a 12.000 mariñeiros españois, perto de medio milleiro deles residentes na zona do Barbanza. reclaman dende vai anos a Noruega o pagamento das súas pensións tras unha vida de traballo na flota do país escandinavo. Ata o momento non acadaron solución algunha ás súas demandas sobre a resolución final do pleito. Pero teñen confianza en que esta chegue pola vía do Tribunal de Estraburgo.
Os traballadores xa realizaron máis dun cento de mobilizacións para reclamar ás autoridades norueguesas as pensións que lles corresponden como integrantes das tripulacións dos barcos do país escandinavo entre 1958 e 1994. Representantes da Asociación de Armadores de Noruega viaxaron a España en 1957 para contratar persoal altamente cualificado -do que eles carecían- con destino á súa frota. Os mariñeiros españois pagaron os seus impostos e cotas sindicais no páis nórdico. A evidencia de todo elo é o documento utilizado polos armadores para se dirixiren ao Goberno franquista en 1957 dando conta da existencia dun acordo entre ambas as partes e segundo o cal Noruega deduciría unha parte dos salarios ós mariñeiros españois e enviaría dita cantidade á Axencia Tributaria, en España. Mo mesmo ano 1957, os armadores recoñecían que os mariñeiros estranxeiros en barcos de Noruega non estaban cubertos polo sistema de pensións noruegués, mentres que os mariñeiros españois en buques estranxeiros non o estaban polo sistema de pensións español, o que os deixaba nunha situación “particularmente desfavorable”, segundo explicara hai tempo o voceiro de Long Hope. Deste xeito, e sendo conscientes ambas as partes -España e Noruega- da problemática, acadaran o acordo polo que osw mariñeiros españois pagaban o 30% do seu salario bruto durante a súa estadía no país escandinavo, “confiando en poder cobrar as súas pensións”.
Paz Viñas, voceiro de Long Hope, dixo tamén ca formulación do colectivo que representa “é un problema xurídico porque nós o levamos ós tribunais ao ver que non nos facían caso os gobernos español e noruegués; pero realmente é un problema político, por canto cando nos viñeros buscar dirixíronse ao Goberno, non ós xulgados”.
Un litixio de anos cun final que os traballadores españois desexan remata canto antes e de xeito favorable ós seus intereses. Moitos deses antigos tripulantes galegos de barcos noruegueses enroláranse nestes dende finais dos anos 50 do século pasado, após viaxar pola súa conta ata Rotterdam ou Amsterdam, cidades nas que se asinaban os contratos coas empresas norueguesas que os contrataban. Na maior parte dos casos eran mariñeiros de contrastada competencia no sector pesqueiro da comarca do Barbanza, particularmente de Riveira.
