Lousame pecha con xogos e obradoiros a primeira quenda do seu programa de conciliación

31 Xullo 2020

O programa de conciliación familiar Lousame Concilia vén de pechar a primeira das súas quendas, a correspondente ao mes de xullo, na que participaron vinte nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Foi, en palabras do Concello, unha semana na que os pequenos e pequenas desfrutaron de sesións de zumba, de maxia, dun xogo da oca de tamaño real, de xogos de auga e dunha sesión especial de reciclaxe.

O patio cuberto do CPI Cernadas de Castro foi novamente o eixe das actividades realizadas, entre as que se incluíu a adaptación do clásico xogo do pano de man con chorros de auga para combater a forte calor destas xornadas. O programa tamén incluíu un obradoiro (o obradoiro Segunda Vida) no que as crianzas aprenderon reciclar distintos obxectos de uso cotiá. Nesta ocasión, aprenderon a achegar novos usos para pequenas botellas de plástico, que engalanaron e levaron para as úas casas.

Lousame Concilia Verán é un programa organizado pola Concellería de Igualdade do Concello, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo. O luns dará comezo a segunda quenda do programa, na que participan outros 20 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, a maioría xa participantes na quenda de xullo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.