Lousame clausura os seus campamentos de verán cunha xincana no inchable máis grande de Galicia

24 Xullo 2020

O Concello de Lousame clausurou hoxe venres os seus Campamentos
de Verán 2020, unha iniciativa de conciliación distinta aos anteriores e adaptada ás circunstancias actuais, onde a seguridade da rapazada estivo en todo momento por riba de todo. Iso motivou que en vez das 100 prazas tradicionais e a convocatoria de unha semana en horario de mañá e tarde, este ano os campamentos reuniran tan só a 24 nenos e nenas, de entre 7 e 14 anos, durante dúas semanas en horarios de mañá, eliminando tamén a tradicional noite de campamento.

Campamento Lousame 2020

Así mesmo, tamén se suspenderon as saídas do municipio tales como as visitas ás praias de Porto do Son ou a tradicional visita ao Aquapark, que foron substituídas por actividades seguras na contorna do polideportivo da Silva. Así o puido comprobar esta mañá a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, quen acudiu á clausura dos campamentos.
Unha clausura na que a empresa Infantilandia quixo estrear o “Desafío Shinobi”, o inchable máis longo de Galicia e que consta dun labirinto de múltiples probas físicas: escalada, salto, equilibrio… Un inchable que foi moi ben recibido tanto pola rapazada como polos seus monitores, que non deixaron de desafiarse durante toda a mañá.
Así mesmo, a festa completouse cun karaoke e dous postos de alimentación: un de gofres e outro de granizados, que serviron para repoñer forzas despois do esixente “Desafío Shinobi”, tal e como puido comprobar a propia concelleira. Silvia Agrafojo agradeceu o “gran traballo dos técnicos municipais de Deportes, Voluntariado e Cultura na coordinación dos
campamentos, así como a gran resposta, unha vez máis, do voluntariado de Lousame”.

Campamento Lousame 2020

Estes Campamentos de Verán cambiaron as viaxes fóra do municipio polos recursos e paisaxes naturais de Lousame, como a contorna do mosteiro de San Xusto, o monte Culou, as minas de San Finx ou a área recreativa de Brandia. Así mesmo, estiveron xogando unha Caza do Tesouro e mesmo participaron na gravación da curtametraxe “As Cruzadas en Lousame”,
e non faltaron os obradoiros, xogos, deportes, festa da escuma…

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.