Lousame clausura co inchable máis longo de Galicia os seus campamentos de verán

23 Xullo 2020

Lousame clausura este venres 24 os seus campamentos de verán. Farao, nunha xornada festiva e lúdica, na que fará acto de presenza a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo. O punto e final destes actividades de lecer, nas que participan dúas ducias de nenas e nenos de entre 4 e 12 anos de idade, consistirá nunha gran festa na que a rapazada estreará a última creación de Infantilandia: o inchable máis longo de Galicia, un circuíto de máis de 100 metros do que podemos ver, segundo lembra o Concello, unha mostra moi ilustrativa en Youtube.

Os rapaces empezarán o xogo a iso das 10:30 horas e dende a dita Concellería agardan ter a dita actividade preparada antes das 12:30 horas. Hai autorización para gravacións pero a persoa ou persoas que asistan deberán pasar polos mesmos controis que os rapaces e rapazas que participan: toma de temperatura, desinfección de calzado e desinfección de mans con xel hidroalcólico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.