Guadi Galego, terceira confirmación de Paisaxes Sonoras, actuará en Castiñeiras o 29 de agosto

31 Xullo 2020

Guadi Galego, unha das artistas galegas que máis e mellor sabe reivindicar e exportar e dignificar a alma musical da nosa terra, vai estar os días vindeiros en Castiñeiras (Ribeira), na contorna da antiga Fábrica de Salgadura que culmina a praia do Castro, para ofrecer o terceiro concerto confirmado do ciclo Paisaxes Sonoras que organiza a Mancomunidade Barbanza-Arousa, logo das confirmacións de Carlos Blanco (no Pazo de Rianxiño) e The Soul Brothers (en punta Cabío, Pobra). A cita con Guadi Galego será o 29 de agosto. Coa participación da artista de Cedeira, que mantén fortes ligazóns coa cultura do mar, reforzarase e amplificarase o obxectivo primordial de Paisaxes Sonoras: ir á orixe da identidade e do patrimonio dos concellos de Barbanza-Arousa.

Como dixemos, o concerto terá lugar na antiga Fábrica de Salgadura de Castiñeiras, datada a principios do século XIX e enmarcada dentro da área de esparexemento de punta do Castro. Enclavada en zona de dominio público marítimo-terrestre, preside a praia do Castro e ofrece unhas vistas privilexiadas á entrada da ría e a illa de Sálvora.

A artista: Guadi Galego

Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. Tras tres discos en solitario Benzón, Lúas de outubro e agosto e O mundo está parado, chega Immersión, unha re-lectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da que adiantou unha versión de Cedeira na que colabora Iván Ferreiro. Actualmente atópase mergullada na xira de presentación do seu último traballo, aclamado por crítica e público. Nesta ocasión, Guadi ofrecerá un concerto especial a dúo, adaptado a nova realidade e ao aforamento vixente.

O aforamento

Para cada sesión de Paisaxes Sonoras habilitarase un aforamento máximo de 50 persoas, constituído por dúas ducias de entradas duplas, reservadas para unidades familiares ou de convivencia, e 4 entradas individuais. A mancomunidade explica que a exclusividade do aforamento baséase tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa post-COVID-19 como “no respecto á integridade das localizacións escollidas”. O obxectivo último é achegar “unha experiencia única que conxugue o desfrute do entorno e da proposta artística”.

As entradas saen á venda a través de Eventbrite, a un prezo de 6 euros + gastos as dobres e 3 euros + gastos as individuais.

A Pobra: música de raíces en punta Cabío

Dous dos máis grandes músicos del soul e rock nacional, Juan Zelada e Julián Maeso, únense por primeira vez no proxecto The Soul Brothers no que interpretarán temas propios e versións de grandes clásicos “nun espectáculo único e especial”, explica a Mancomunidade. A cita na Pobra do Caramiñal, na fermosa contorna da praia de Cabío, é o 8 de agosto. O espectáculo comezará ás 20.00 horas, e as portas abrirán ás 19.00 horas.

Rianxo: O hórreo do Pazo Rianxiño

Carlos Blanco foi o protagonista da segunda cita confirmada (o 15 de agosto) cunha actuación baixo a sombra do Hórreo de Rianxo (no Pazo de Rianxiño), unha senlleira construción tradicional que é a segunda en importancia do concello dentro das súas características, logo do de Araño, tendo como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas. A apertura de portas é ás 19.00 horas.

Máis programación

A cita restante será o 22 de agosto en Boiro cun cartel aínda pendente por confirmar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.