Os servizos de emerxencia desprazaron ata a zona do Río dás Pedras, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, un helicóptero de rescate para efectuar a evacuación dunha persoa que resultou ferida nunha zona de difícil acceso. Segundo a información facilitada polo particular que chamou ao 112 Galicia, preto das once horas desta mañá, a persoa atopábase na zona dos tobogáns naturais, nunha das piscinas localizada no monte da Curota, cando torceu un pé. Ao tratarse dunha zona onde o acceso directo por terra facíase inviable para os equipos de intervención, activouse un operativo que contou coa colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, dos membros de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. De feito, foi a aeronave de Salvamento Marítimo a que, finalmente, puido rescatar ao paciente e trasladalo ata o centro hospitalario de referencia. Durante os labores de evacuación, os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, xunto aos axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade, estiveron coordinados para prestar apoio en terra ao equipo de rescate a bordo da aeronave.
Formoso destaca en Ribeira que o Plan Único financiou 603 obras nos concellos do Barbanza
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Plans, Cristina García, presentaron este 12 de marzo en Ribeira os investimentos do Plan Único (POS+) nos municipios do Barbanza, nun acto institucional no que estiveron acompañados pola...



