Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón. Arderon 60 hectáreas

11 Xullo 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón, quedou estabilizado ás 14,53 h deste mediodía. O incendio comezou ás 03,38 h. desta madrugada, polo que todo indica que foi intencionado.

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. No seu control levan traballado 5 axentes, 6 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Nas últimas horas, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico ( MITECO) despregou diversos medios para apoiar á Comunidade Autónoma de Galicia nas tarefas de extinción de tres incendios declarados en Galicia: un na Pobra do Caramiñal (A Coruña); e outros dous, xa controlados, en Quiroga (Lugo) e Santiago de Compostela (A Coruña). Nestes momentos unha Brigada de Reforzo de Incendios Forestais ( BRIF) da base da base de Laza (Ourense) colabora nas tarefas de extinción do incendio da Pobra do Caramiñal. Ademais, están mobilizados dous helicópteros Kamov con capacidade de carga de 4.500 litros provenientes das bases de Ibias (Asturias) e Plasencia do Monte (Huesca); e un Avión de Coordinación e Observación ( ACO), utilizado en tarefas de vixilancia, transmisión de imaxes e observación do incendio. Desprazouse desde o aeroporto de León. Este foco tamén contou co apoio de tres avións anfibios Canadair de 5.500 litros de capacidade, procedentes das bases de Lacabolla (A Coruña) e Matacán (Salamanca), que xa foron desmovilizados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.