En Ribeira xornada do proxecto “Relevo 2020” para a capacitación da mocidade do sector pesqueiro

21 Xullo 2020

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira albergou esta mañá unha xornada técnica de presentación do proxecto Relevo 2020: unha iniciativa gratuíta orientada a promover o relevo xeracional no sector pesqueiro
mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e
mellor coñecemento dos recursos dos territorios.
Acompañadas do concelleiro de Promoción e Dinamización Económica do Concello de Ribeira, Ramón Doval, a xerente do GALP Ría de Arousa Rosa Carballo, e María Calvo, de Arenaria Comunicación, foron as encargadas de explicar os pormenores desta iniciativa promovida por cinco grupos de acción local e que está dirixida a mozas e mozas entre os 16 e os 30 anos.
Así, o programa formativo principiará en setembro de 2020 e contará con dous cuatrimestres (ata decembro de 2020 e de xaneiro a abril de 2021). Haberá 15 prazas en cada cuatrimestre (30 prazas en total para cada GALP) e no que atinxe a Arousa a intención é desenvolver un dos mesmos nesta banda da ría e o outro na parte oposta.
Relevo 2020 busca en particular os seguintes obxectivos:
– Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.
– Sensibilizar aos mozos na importancia que o sector pesqueiro ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.
– Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empregabilidade e/ou da inclusión social.
– Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climático.

A iniciativa estruturarase segundo as seguintes actuacións:

  1. Seminarios. A través dun programa de contidos previamente establecido.
  2. Titorías especializadas.
  3. Saídas de campo para estudos dos recursos locais.
  4. Encontros con outros mozos e mozas con experiencia..
  5. Visitas para coñecemento dos recursos do xestor pesqueiro noutros territorios.
En Ribeira xornada do proxecto “Relevo 2020”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.