En Ribeira o programa “Rúas musicais” principiará este domingo en Artes

11 Xullo 2020

Rodeada de intérpretes, a concelleira de Cultura María Sampedro deu a coñecer este mediodía no miradoiro do Malecón unha nova programación para este verán que está formada integramente por grupos locais. O seu nome, “Rúas Musicais”, composta por quince concertos repartidos polas
nove parroquias do municipio, o primeiro dos cales terá lugar este
mesmo domingo ás 13 horas no Centro Recreativo de Artes a cargo
da Rock-Olas.
Sampedro explicou que a causa da pandemia moitas das actividades
lúdicas programadas polo departamento de Cultura tiveron que ser
canceladas (caso do Kurrala Rock de Corrubedo a pasada Semana Santa) ou reformuladas ante a necesidade de manter os protocolos de seguridade. De aí naceu esta iniciativa, organizada coa colaboración de Musieventos e que xurdiu man a man cos propios músicos da localidade.
Aposta polos grupos locais “Este verán a aposta que temos que facer é pola nosa xente e axudar aos nosos grupos”, declarou María Sampedro, quen engadiu que “eles sempre estiveron ao noso carón cando os necesitamos e creo que é o momento de corresponderlles e estar ao seu lado”.
O propósito —explicou a edil— é celebrar actividades tranquilas, focalizadas en sesións vermús ou no terraceo das tardes, que fagan máis agradable a estancia no noso concello. Moitas delas serán en festivos e vésperas de festivos ou en datas sinaladas como as que cadran nas festas patronais de Santa Uxía.

Rúas Musicais Ribeira

A programación é a seguinte:
 12 de xullo, Artes, 13 horas: Rock-Olas
 19 de xullo, Aguiño, 13 horas: Os Milindros  2 de agosto, Ribeira, 13 horas: Leite con Jalletas
 9 de agosto, Corrubedo, 13 horas: Os Bugis
 14 de agosto, Castiñeiras, 20.30 horas: Recambios Tucho
 15 de agosto, Ribeira, 13 horas: La Banda de Luke El Bala
Perdida
 15 de agosto, Palmeira, 20.30 horas: Alba e Loren
 16 de agosto, Carreira, 13 horas: Concerto Descaro
 23 de agosto, Olveira, 13 horas: Pantuma-K
 23 de agosto, Castiñeiras, 20.30 horas: Thais Suki
 30 de agosto, Ribeira, 13 horas: Aliaxe
 6 de setembro, Oleiros, 13 horas: Os Bugis
 11 de setembro, Ribeira, 21 horas: Espazo en Branco
 12 de setembro, Ribeira, 13 horas: Blow
 13 de setembro, Ribeira, 13 horas: Thais Suki

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.