En Ribeira a hostalería nocturna estrema as medidas de prevención para evitala COVID19

29 Xullo 2020

A casa do concello albergou unha reunión entre representantes do Concello e a Policía Local, por unha parte, e profesionais do ocio nocturno ribeirense, por outra, coa fin de consensuar as medidas necesarias para previr posibles riscos de contaxio, logo de que un establecemento de
Bandourrío fora denunciado a fin de semana pasada por consumo
indebido de bebidas na vía pública.
De resultas desta reunión, os profesionais hostaleiros comprometéronse a estremar as medidas de control pertinentes e en especial a evitar que a clientela consuma na rúa fóra dos espazos habilitados para tal fin (terrazas), así como o uso obrigatorio de mascarilla, mantemento da distanciamento social, etc.
Co mesmo obxectivo, os horarios de peche destes negocios vanse ver reducidos con respecto aos contidos nas súas licencias respectivas, en tanto que a Policía Local incrementará, co apoio do GAEM, o control nas zonas de ocio nocturno no ánimo de disuadir ou reducir posibles actitudes irresponsables.
No caso de que estes acordos non surtan efecto, o Concello tomará medidas máis contundentes para frear o risco de posibles rebrotes.

Malecón Ribeira. Joferpa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.