En Ribeira a Deputación agradece “o traballo fundamental” dos bombeiros comarcais durante a pandemia

22 Xullo 2020

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, visitou esta mañá o parque comarcal de bombeiros de Ribeira, un dos dez que xestiona na provincia da Coruña o Consorcio Provincial Contraincendios, integrado ao 50% pola Deputación e a Xunta de Galicia, e presidido polo titular da institución provincial coruñesa, Valentín González Formoso.
Acompañado da deputada provincial Sandra González, do concelleiro de
Seguridade de Ribeira, Víctor Reiriz e do xerente do Consorcio Luis Barca, o
deputado conversou cos bombeiros e coñeceu as instalacións, equipamentos e necesidades do parque, que presta servizo (xunto co parque de Boiro) a máis de 106.500 habitantes nos concellos da zona, unha área de intervención cunha extensión de máis de 600 kilómetros.
Blas García afirmou que esta visita enmárcase na rolda que está realizando
polos parques comarcais do Consorcio de bombeiros da provincia da Coruña “para coñecer de primeira man o funcionamento e necesidades” do servizo de emerxencias.

Bombeiros Ribeira

O deputado destacou o “bó traballo” e a “profesionalidade” dos bombeiros do Consorcio, “que realizaron un traballo fundamental durante a pandemia”, sumando ás súas tarefas habituais de atención de emerxencias, accidentes e incendios, as labores de limpeza e desinfección en rúas e espazos públicos que foron ampliamente demandadas polos concellos.
García agardeceu tamén o traballo realizado estes días polos bombeiros de
Ribeira e Boiro, que estiveron colaborando no amplo operativo de extinción do incendio de Porto do Son que calcinou máis de 35 hectáreas de monte e puxo en peligro algún núcleos de poboación.

Bombeiros Ribeira

Entre os retos de futuro do Consorcio Provincial Contraincendios, Blas García aludiu á necesidade de pór en marcha un parque comarcal que dea servizo á área de Compostela, ben mediante a comarcalización do parque de Santiago cun modelo similar ao que xa se aplica en Ferrol ou mediante a construción dun novo parque comarcal que descargue aos parques de Barbanza de acudir aos incendios que se producen na zona do sur de Compostela.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...