En Ribeira 51 nenos apuntados nas axudas de conciliación CAMPARIBEIRA VERAN

09 Xullo 2020

Son catro as empresas e 51 nenos e nenas apuntadas ata o momento ao programa de axudas Bono Concilia Campa Ribeira Verán 2020: a iniciativa que, de forma excepcional este ano a raíz do covid-19, vén de lanzar a Concellería de Cultura como un substituto dos tradicionais campamentos
municipais e como un estímulo para as empresas de ocio e tempo libre radicadas no noso municipio.
As catro empresas adheridas son Globiocio, Golfiño, Ociobros e Fit Sport Natural, todas elas con sede no concello ribeirense.
En canto aos 51 rapaces (con idades entre 3 e 12 anos), 45 deles se inscribiron na opción en que ambos proxenitores están traballando ou
teletraballando (ou o único proxenitor, no caso de familias monoparentais e con custodio non compartida). Neste suposto, as axudas outorgadas polo Concello consisten en sufragar ata un máximo do 50% do custe da contratación do campamento cun límite de 100 euros ao mes.
Os 4 rapaces restantes optaron polo tipo de axuda destinada ao resto
de familias, no que a subvención é dun máximo de 50 euros ao mes e
ata o 50% do custe da contratación.
Solicitudes abertas
As solicitudes seguen abertas para posibles novos inscritos. O prazo
expira o 10 de agosto ou no momento de esgotarse o crédito orzamentario destinado a este fin. Poden formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira.

Group of people jumping

Outros artigos

Ambar inaugura no Museo do Gravado de Artes a exposición “Acotío”

Este venres 7 de novembro o Museo do Gravado de Artes acolleu a inauguración da exposición Acotío, unha mostra que reúne oito pezas de gravado en punta seca realizadas por artistas da área de arte da Asociación Ambar. A exposición é o resultado final dun obradoiro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.