En Rianxo, segue este domingo a festa da xouba

26 Xullo 2020

Tradicionalmente, dende fai anos, en torno ó 25 de xullo, Rianxo celebra a festa de exaltación da xouba. Este ano 2020, na súa 28o edición, non queren deixar de exaltar este prezado produto.
Polas circunstancias que se esta a vivir pola pandemia da COVID-19 van a facelo en colaboración cos establecementos de hostelería que hai no concello.
Desde o concello rianxeiro creen, con razón, que non é momento de facer convocatorias multitudinarias, pero queren que esta próxima fin de semana, en Rianxo se poda degustar a xouba.
Dende o concello, van a proporcionar lotes de xouba para que os establecementos colaboradores a ofrezan nas tapas que se sirvan durante a fin de semana.
Na medida das posibilidades e sen afectar moito á mobilidade, esta fin de semana ampliaran as zonas peatonais para facilitar que nos podamos mover camiñando entre os distintos establecementos hosteleiros e tamén para posibilitar o aumento do espazo para terrazas.
A iniciativa busca que Rianxo siga sendo destino seguro e que as persoas que se acerquen, adoptando as medidas de seguridade necesarias, podan disfrutar deste manxar nas distintas preparacións que se ofrezan.

Establecementos colaboradores que servirán a Xouba

Outros artigos

Rianxo acollerá esta “finde” unha nova edición do Rock in Rian

Rianxo acollerá os vindeiros 14 e 15 de agosto unha nova edición do Rock in Rian, un festival que converterá o Parque de Galiza nun punto de encontro para a música galega e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través dunha achega de 29.000 euros da liña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.