En Noia clausurada a primeira quenda dos campamentos urbanos, que rexistrou unha media de 26 anotados

24 Xullo 2020

A concelleira de Xuventude, Laura Salgado, asistiu esta mañá á clausura da primeira quenda dos campamentos urbanos de conciliación organizados polo Concello de Noia para os meses de xullo e agosto. Unha iniciativa na que participaron 26 nenos e nenas en idade escolar, de 4 a 12 anos, e que se desenvolveu no polideportivo Agustín Mourís, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Campamento Noia 2020


Durante a semana, a rapazada tivo unha serie de divertidas actividades, sempre organizados por tres grupos de idade: body jump, xogos de auga, zumba, xincana por Noia, obradoiro de elaboración de chapas…ademais das actividades deportivas propias das “Olimpíadas populares”, que dan nome aos campamentos deste ano.
Laura Salgado lembra que aínda está abertas as inscricións nas dúas próximas quendas: do 27 de xullo ao 7 de agosto e do 10 ao 21 de agosto. O prezo é de 40 euros por quenda e as anotacións poden formalizarse no segundo andar da casa do concello de Noia, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Máis información na Concellería de Deportes ou chamando aos
teléfonos 981 842 100 e 981 377 703.

Campamento Noia 2020

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.