En Galicia soben en 10, ata os 242 os casos COVID-19. Na área Santiago-Barbanza son 20 casos

28 Xullo 2020

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade os casos activos de COVID-19 en Galicia suben por quinto día consecutivo, ao rexistrar este martes dez casos activos máis que o luns, ata os 242 positivos.

O maior incremento prodúcese na área sanitaria da Coruña, onde hai cinco novos positivos, ata os 63; mentres que na de Santiago-Barbanza hai catro novos positivos co brote rexistrado en Boiro de catro membros dunha familia procedente de Madrid–.

Ata este martes, Galicia rexistra un total de 11.236 persoas curadas –oito máis que no parte anterior– e 619 falecementos, dos que 274 están relacionados con residencias de maiores. A cifra de mortes que deixa a pandemia permanece sen variación desde o pasado 10 de xuño. En canto aos casos de COVID en residencias, a situación continúa estable desde o venres, cando Sanidade notificou o positivo dunha traballadora dun centro de Xove (Lugo) que, segundo fontes próximas, contaxiouse, do mesmo xeito que outros familiares, por unha visita procedente de Cataluña.

O número de PCR realizadas en Galicia ata o momento é de 245.003, 876 probas máis 876 máis con respecto aos datos do luns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...