En Boiro presentación da revista Folía – o libro das festas do verán 2020

01 Xullo 2020

O Concello de Boiro realizou esta mañá a presentación da revista Folía, unha publicación que cada ano se edita con motivo das festas do verán. Á
presentación, que se realizou esta maña no Concello de Boiro a concelleira de Cultura, María Outeiral, o técnico de cultura e coordinador da revista, Alberto García, e unha representación das modistas que colaboraron na elaboración de máscaras durante a pandemia e que este ano son as raíñas das festas, Marita e María José.
Aínda que os festexos non se celebran este ano pola Covid-19, desde o
departamento de Cultura decidiuse levar a cabo a publicación da tradicional revista. “Con esta publicación queremos homenaxear a todas as persoas, a todas as empresas e a toda a veciñanza que prestou a súa axuda e que tivo que facer un gran esforzo durante estes meses de pandemia”, afirmou a concelleira.
A publicación deste ano está dedicada ás modistas. “En Boiro temos
unha gran tradición de costureiras e este ano vímolo de xeito especial, con
todas esas persoas que de forma voluntaria traballaron durante a pandemia na elaboración de máscaras para repartir á poboación, por iso este ano son elas as raíñas das festas e lle dedicamos esta publicación”, afirmou a concelleira.
A revista deste ano editouse dun xeito moi semellante ás edicións pasadas. Fai referencia á historia das festas do verán mediante fotos antigas e tamén recentes destes festexos. A publicación tamén inclúe textos dos colaboradores habituais da revista, como son Charo López, Moncho Ares,
Natalia Carou, Antón Gallardo, Xosé Manuel Triñanes, Estevo Silva, Carmen
Hermo… e algúns outros.

Presentación da revista Folía – o libro das festas do verán 2020 de Boiro. Cedida


A publicación do 2020 inclúe tamén anuncios de empresas e comercios locais, de todos aqueles que cada ano colaboran con esta publicación. Este
patrocinio é gratuíto este ano para todas elas, como agradecemento polo
esforzo que fixeron durante a crise ocasionada pola Covid-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...