Denuncian vertidos ilegais nos humidais de Coroso

28 Xullo 2020

O noso compañeiro e colaborador José Manuel Pena vén de pór no noso coñecemento e no dos lectores un delito medioambiental perpetrado na contorna da praia da Coroso, en Ribeira, concretamente nunha das zonas de máis importancia ecolóxica desta paraxe natural: as zonas húmidas que comezan onde rematan onde remata a Escola de Náutica e onde conflúen varios regatos que desembocan no que se coñece como o “río Grande”. Pena lémbranos que nesta zona (concretamente na marxe esquerda da pasarela de madeira pola que circulan os camiñantes logo da ponte do río) proliferan os vertidos ilegais procedentes de fosas sépticas.

O noso colaborador xa compartiu o problema ambiental cos axentes do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza), e insta ao instituto armado a intervir de urxencia para “controlar aos posíbeis infractores, que seguramente usan as horas de anonimato da noite para achegarse cos seus vehículos e levar a cabo os vertidos no devandito lugar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.